Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.590

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de xullo de 2002 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenos e medianos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial en desenvolvemento do Programa Cuadrienal de Modernización do Sector do Comercio polo Miúdo de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 136, do 16 de xullo de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 11.101, o artigo 2º, onde di: «o comerciante polo miúdo que teña capacidade legal para exerce-lo comercio e se dedique a el de xeito habitual», debe dicir: «os comerciantes polo miúdo que teñan capacidade legal para exerce-lo comercio e se dediquen a el de xeito habitual».

Na mesma páxina, o artigo 3.1.2, parágrafo dous, onde di: «sucedese substituíse», debe dicir: «sucedese ou substituíse».

Na páxina 11.104, o artigo 15, onde di: «réxime xinanceiro», debe dicir: «réxime financeiro».

Na páxina 11.106, o anexo II, parágrafo dez, onde di: «Documentación acreditativa de causar baixa no Réxime de Autónomos, ou copia do convenio subscrito coa Seguridade Social, segundo sexa o caso», debe dicir: «Declaración xurada que conteña o compromiso do peticionario, para o caso de que se lle outorgue a axuda, de causar baixa no Réxime de Autónomos, ou de formalizar convenio coa Seguridade Social, segundo sexa o caso».

Na mesma páxina, o anexo III, engadir un punto máis a continuación do punto 3, coa conseguinte modificación correlativa dos restantes números, e co seguinte texto: «Baixa no Réxime de Autónomos ou copia do convenio subscrito coa Seguridade Social, segundo sexa o caso».

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA