Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 24 de xullo de 2002 Páx. 11.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da obra de restauración da cuberta vexetal e control da erosión en zonas especialmente degradadas do norte de España, mediante repoboación forestal de 93,08 ha no monte Río do Sol no concello de Coristanco (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: obra de restauración da cuberta vexetal e control da erosión en zonas especialmente degradadas do norte de España, mediante repoboación forestal de 93,08 ha o monte Río do Sol no concello de Coristanco. A Coruña.

2.2. Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento trinta e cinco mil catrocentos setenta e sete euros con dezaoito céntimos (135.477,18 A).

5. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: 2.709,54 A.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación: 5.419,09 A.

7. Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría C.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1535.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesados en concursar a esta licitación deberán enviar ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio* xunta.es os datos que a continuación se relacionan:

-No cadro asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso dos 14 que se publican nesta mesma data, de execución de obra de tratamentos silvícolas ou de restauración da cuberta vexetal mediante repoboacións forestais nos emprazamentos seguintes: 1. Monte Brañas Verdes e outros no concello de Camariñas, 2. Monte Medo de Vide no distrito forestal Miño-A Arnoia, 3. Montes San Mamede e Medo no distrito forestal da Limia, 4. Monte Serra de Cam

pillos e outros no distrito forestal de Verín, 5. 115 ha de montes situados nos concellos de Castroverde, Friol, Guntín e Lugo, 6. 3 concellos do distrito forestal XVII O Condado-A Paradanta, 7. 311 ha de montes situados nos concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz, 8. Montes Carballa Branca e Couto e outros no distrito forestal do Barco de Valdeorras, 9. Montes do distrito forestal nº I Ferrol-Ortigueira (Carabelote e Can de Carracedo), 10. Montes do distrito forestal nº V Fisterra (Naraio e Meán-Muros), 11. Montes do distrito forestal nº II Betanzos-As Mariñas Coruñesas (Xalo-Culleredo), 12. Monte A Capelada no distrito forestal nº I Ferrol-Ortigueira, 13. Monte Río do Sol no concello de Coristanco e 14. Montes situados nos concellos de Abadín, Begonte, Guitiriz e Xermade, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais

da fianza provisional e clasificación, de seren esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A): realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do final do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas: ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 9.3. do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2002.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente