Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 26 de xullo de 2002 Páx. 11.764

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE FOMENTO

INFORMACIÓN pública e oficial do estudio informativo do Eixe Atlántico de Alta Velocidade. Treito Pontevedra-Portela.

Con data do 4 de xullo de 2002, a Secretaría de Estado de Infraestructuras resolveu aprobar tecnicamente o estudio informativo do Eixe Atlántico de Alta Velocidade. Treito Pontevedra-Portela (Pontevedra).

En virtude da dita resolución e conforme o disposto no artigo 228.2º do vixente regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, sométese a información pública o dito estudio informativo, por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir da data de publicación deste anuncio no BOE, para ser examinado polas persoas que o desexen, que poderán formular observacións que deberán versar sobre circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da liña e sobre a concepción global do seu trazado.

A información pública é tamén para os efectos ambientais indicados no procedemento de avaliación de impacto ambiental regulado polo Real decreto lexislativo 1302/1986 e o seu regulamento de aplicación (artigo 15).

O estudio informativo estará exposto ó público en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Delegación do Goberno en Galicia (praza de Ourense, s/n, 15071 A Coruña) e Subdelegación do Goberno en Pontevedra (praza de España, s/n, 36203 Pontevedra), así como na Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento (praza de Los Sagrados Corazones, nº 7, planta baixa, 28071, Madrid).

Así mesmo, nos concellos de Pontevedra e Barro (Pontevedra) estará á disposición dos interesados unha separata-extracto do estudio informativo no que afecta os ditos municipios.

As alegacións que se formulen irán dirixidas á Subdirección Xeral de Plans e Proxectos de Infraestructuras Ferroviarias; praza de Los Sagrados Corazones, nº 7, 28071, Madrid, indicando como referencia: información pública do estudio informativo do Eixe Atlántico de Alta Velocidade. Treito Pontevedra-Portela (Pontevedra).

Madrid, 8 de xullo de 2002.

Eduardo Molina Soto

Subdirector xeral de Plans e Proxectos de

Infraestructuras Ferroviarias