Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xullo de 2002 pola que se autoriza o centro privado Povisa Formación Profesional de Vigo (Pontevedra), para imparti-los ciclos formativos de grao superior de integración social e interpretación da lingua de signos.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Povisa Formación Profesional de Vigo (Pontevedra), na que se solicitaba autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de integración social e interpretación da lingua de signos.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación

da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Povisa Formación Profesional de Vigo (Pontevedra) para imparti-los ciclos formativos de grao superior de integración social e interpretación da lingua de signos, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Salamanca, 5.

Código do centro: 36019931.

Denominación: centro privado Povisa Formación Profesional.

Titular: Policlínico Vigo, S.A. (Povisa).

-Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: Servicios socioculturais e á comunidade.

1 ciclo formativo de grao superior de integración social (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de interpretación da lingua de signos (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

-Composición resultante:

1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de anatomía patolóxica e citoloxía (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de documentación sanitaria (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de imaxe para o diagnóstico (2 unidades para 30 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de radioterapia (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de integración social (1 unidade para 30 alumnos).

1 ciclo formativo de grao superior de interpretación da lingua de signos (2 unidades para 30 alumnos/unidade).