Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.322

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 29 de xullo de 2002 pola que se crea e regula o procedemento para a captación e procesamento dos datos de producción enerxética de Galicia das instalacións acollidas ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica.

A Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, transformou o réxime xurídico da subministración de electricidade, que pasa a ser cualificado como actividade esencial e deixa de te-la consideración de servicio público, introducindo a competencia naquelas fases da subministración non suxeitas a restriccións de carácter técnico.

Xunto á liberalización do mercado, a lei establece un novo marco normativo para a xeración en réxime especial. En concreto, no seu artigo 28.3º atribúe ás comunidades autónomas a competencia para autoriza-las instalacións de producción acollidas ó dito réxime, recordando, no seu parágrafo segundo, a obriga dos titulares destas instalacións de proporcionar información periódica de cantos datos afecten as condicións que determinaron o outorgamento.

Por outro lado, o artigo 4 da lei consagra o carácter indicativo da planificación eléctrica, salvo nas instalacións de transporte; nesta planificación, que será competencia do Estado, intervirán as comunidades autónomas e, así, o Real decreto 1955/2000 establece no capítulo II do seu título II as directrices para realiza-la planificación na rede de transporte e o procedemento que se debe seguir.

Resulta indubidable que para realizar unha adecuada planificación global, mesmo que sexa meramente indicativa, resulta imprescindible un coñecemento puntual e actualizado das estatísticas de producción enerxética. En tal sentido, o artigo 14 do Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, residuos ou coxeración obriga os titulares das ditas instalacións a enviar, durante o primeiro trimestre de cada ano, ó órgano que autorizou as instalacións, unha memoria-resumo do ano inmediatamente anterior.

Non obstante, as especiais características de xeración de moitas destas instalacións, que dependen de circunstancias naturais (existencia de vento, situacións de estiaxe, entre outras) fan conveniente determinar, dunha maneira máis precisa e detallada, as circunstancias concretas de producción en cada unha delas, para poder coñece-lo efectivo aproveitamento da potencia nominal instalada.

Tal coñecemento pode resultar necesario para a autorización de futuras instalacións en determinadas zonas e, no mesmo sentido, contar con bases suficientes para propoñe-lo desenvolvemento dunha estructura de rede de transporte no territorio da nosa comunidade autónoma, e tendo en conta o establecido no artigo 30.1º d) da Lei 54/1997, considérase que o mellor modo de alcanzar este obxectivo é a través

dun procedemento asociado a un sistema informático que xestione e coordine a información procedente dos diferentes xeradores en réxime especial.

Tal sistema será operado polo Instituto Enerxético de Galicia, ente de dereito público adscrito á Consellería de Industria e Comercio, en coordinación coa Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, en exercicio das facultades que a súa lei de creación lle atribúe.

Polo exposto, tendo en conta que o artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia e o artigo 3.3º da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico, determinan a competencia autonómica no desenvolvemento e execución da normativa básica estatal.

DISPOÑO:

Capítulo I

Obxecto e ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto crear e regular un procedemento de captación e procesamento dos datos de producción enerxética de Galicia (Capde) relativos ás instalacións acollidas ó réxime especial de enerxía eléctrica, así como regula-las obrigas ás que se deberán somete-las ditas instalacións situadas na Comunidade Autónoma galega en canto ó tipo, forma e periodicidade da información que se facilitará.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

As prescricións técnicas da presente orde serán de aplicación para tódalas instalacións acollidas ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica que teñan unha potencia eléctrica total instalada superior a 1.000 kVA.

Capítulo II

Prescricións técnicas particulares

Artigo 3º.-Envío dos datos básicos de cada instalación.

Unha vez incluída a instalación eléctrica no réxime especial de producción de enerxía eléctrica, no prazo dun mes a partir da súa inclusión no rexistro autonómico, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas remitirá ó Inega a táboa de datos básicos da instalación recollida no anexo I.

Artigo 4º.-Alta das instalacións no sistema Sicapde.

Unha vez recibida a táboa cos datos básicos da instalación, procederase a dala de alta no sistema Sicapde e facilitarase ó responsable da central unha aplicación informática sinxela, así como o asesoramento técnico que sexa necesario para a súa correcta utilización, coa que poderá envia-la información solicitada no formato e coa periodicidade que corresponda en cada caso.

Artigo 5º.-Revisión anual dos datos da instalación.

Cunha periodicidade anual, cada central procederá a revisa-los datos básicos da instalación. Para iso, poderá utilizarse a aplicación informática facilitada no momento da alta da central ou ben enche-lo formulario que se mostra no anexo II e remitilo á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Artigo 6º.-Envío dos informes mensuais de producción.

1. Transcorrido un prazo máximo de dous meses desde o envío por parte do sistema Sicapde da ferramenta informática indicada no artigo 4º, as centrais deberán enviar, antes do día 5 de cada mes, o informe mensual de datos de producción correspondente ó mes anterior. Para iso, deberá utilizarse a aplicación informática facilitada, a cal xerará un ficheiro informático que será remitido automaticamente e de forma totalmente segura a través do correo electrónico ó enderezo «sicapde*inega.es».

2. Para asegura-lo correcto envío dos datos, independentemente de que se realice o envío por correo electrónico, a ferramenta informática imprimirá a primeira páxina de fax recollida no anexo III, a cal conterá tódolos datos do formulario e deberá ser remitida ó número de fax indicado. Esta duplicidade no envío dos informes mensuais servirá como comprobante futuro da fidelidade dos datos recibidos electronicamente. Por iso, será imprescindible que o dito fax se encontre debidamente asinado polo representante da central que estea autorizado para tales efectos.

Artigo 7º.-Envío dos informes quincenais de recurso eólico das instalacións eólicas.

1. No caso particular dos parques eólicos (clasificación b.2 segundo R.D. 2818/1998) e transcorrido un prazo máximo de dous meses desde o envío por parte do sistema Sicapde da ferramenta informática indicada no artigo 4º, cada instalación deberá remiti-los informes quincenais de recurso eólico. Para iso, o primeiro día hábil de cada período quincenal enviarase ó enderezo de correo electrónico indicado no artigo 6º un ficheiro informático segundo o formato que se recolle no anexo IV.

Artigo 8º.-Seguimento continuo da xeración.

1. Con obxecto de poder realizar un seguimento continuo da xeración eléctrica en réxime especial de Galicia, tódalas centrais deberán facilita-los datos correspondentes ó equipo de medida (rexistrador) que figuran no formulario de datos básicos da central.

2. Coa periodicidade que se estime necesaria en cada caso, o sistema Sicapde conectarase mediante a liña telefónica e de forma totalmente automática ós equipamentos de medida de entrada e saída de enerxía eléctrica de todas e cada unha das centrais que estean dadas de alta no dito sistema, solicitando a transmisión dos datos «cuarto horarios» das enerxías activa e reactiva, tanto de saída, como de entrada.

3. A dita información será confidencial e unicamente será utilizada de forma global co fin de dispoñer de información constante do funcionamento da rede eléctrica de transporte e distribución da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 9º.-Incumprimento das obrigas.

No suposto de incumprimento das obrigas reguladas nesta orde, aplicarase o disposto no título X «sobre infraccións e sancións» da Lei 54/1997.

Disposicións transitorias

Primeira.

1. Todas aquelas centrais que, á entrada en vigor da presente orde, xa estean incluídas no Rexistro de

Instalacións en Réxime Especial de Producción de Enerxía Eléctrica deberán remitir ó enderezo de correo indicado no artigo 3º da presente orde, e no prazo máximo dun mes, a táboa de datos básicos da instalación tal e como se recolle no anexo I.

2. Unha vez recibida a táboa cos datos básicos da instalación, facilitaráselle ó responsable de cada central unha aplicación informática sinxela, así como o asesoramento técnico que sexa necesario para a súa correcta utilización, coa que poderá envia-la información solicitada no formato e coa periodicidade que corresponda en cada caso.

Segunda.

1. Todas aquelas centrais que, á entrada en vigor da presente orde, xa estean incluídas no Rexistro de Instalacións en Réxime Especial de Producción de Enerxía Eléctrica e, transcorrido un prazo máximo de dous meses desde o envío por parte do sistema Sicapde da ferramenta informática indicada na disposición transitoria primeira, deberán enviar antes do día 5 de cada mes, o informe mensual de datos de producción correspondente ó mes anterior. Para iso, deberá utilizarse a aplicación informática facilitada, a cal xerará un ficheiro informático que será remitido automaticamente e de forma totalmente segura a través do correo electrónico ó enderezo «sicapde*inega.es».

2. Para asegura-lo correcto envío dos datos, independentemente de que se realice o envío por correo electrónico, a ferramenta informática imprimirá a primeira folla de fax recollida no anexo III, a cal conterá tódolos datos do formulario e deberá ser remitida ó número de fax indicado. Esta duplicidade no envío dos informes mensuais servirá, igualmente, como comprobante futuro da fidelidade dos datos recibidos. Por iso, será imprescindible que o dito fax se encontre debidamente asinado polo representante da central que estea autorizado para tales efectos.

Terceira.

No caso particular dos parques eólicos (clasificación b.2 segundo R.D. 2818/1998) que á entrada en vigor da presente orde xa estean incluídas no Rexistro de Instalacións en Réxime Especial de Producción de Enerxía Eléctrica, e transcorrido un prazo máximo de dous meses desde o envío por parte do sistema Sicapde da ferramenta informática indicada no artigo 4º, cada instalación deberá remiti-los informes quincenais de recurso eólico. Para iso, o primeiro día hábil de cada período quincenal enviarase ó enderezo de correo electrónico indicado no artigo 6º un ficheiro informático segundo o formato que se recolle no anexo IV.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Industria Enerxía e Minas para dicta-las disposicións que sexan precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor unha vez transcorrido un mes desde a súa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO IV

Modelo de informe quincenal de recurso eólico

Cada informe quincenal de recurso eólico será enviado como un ficheiro ASCII de datos que seguirá o seguinte convenio en canto a nome:

'CIC)"-"'MMAA)"-"'Q).EOL

Onde:

* 'CIC) será o código de identificación da central, o cal virá dado polo número de inscrición no rexistro autonómico de instalacións acollidas ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica.

* 'MMAA) será o mes e ano ó que correspondan os datos.

* 'Q) será o número de quincena (1 ou 2) ó que correspondan os datos.

O contido deste ficheiro deberá segui-lo seguinte formato:

CIC= 'Código Identificación Central). Tipo cadea

MES= 'mm/aaaa). Tipo data

QUINCENA= 'Número de quincena 1 ou 2). Tipo numérico

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIRVENTO; VELVENTO

DATA; DIVENTO; VENVENTO

Cada liña corresponderá a cada intervalo de 15 minutos onde:

* DATA= Valor da data e hora no formato seguinte: dd/mm/aaaa hh:mm

* DIRVENTO= Dirección do vento en graos

* VELVENTO= Velocidade do vento medida en metros por segundo (m/s)

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA