Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002 polo que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio G.O.C., S.A. con domicilio na estrada de Celanova, número 14 baixo, 32911-San Cibrao das Viñas (Ourense).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os

artigos 12 h e 18.3.1 a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG 10 de abril), esta dirección xeral

RESOLVEU:

Cancelar por cambio de domicilio a inscrición no rexistro a acreditación de laboratorios de ensaios para o control de calidade da construcción a G.O.C., S.A. con domicilio na r/ Río Bibei, nº 14 baixo, 32001-Ourense, e

Concede-la acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a G.O.C., S.A. con domicilio na estrada de Celanova, nº 14 baixo, 32911-San Cibrao das Viñas (Ourense) polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

SE Área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15008SE02.

ST Área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos co número 15009ST02.

SV Área de solos, áridos, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en viais co número 15010SV02.

HA Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes: cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos co número 15052HA02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo