Aprobado inicialmente por decreto da alcaldía do 6 de agosto de 2002, o proxecto de reparcelación do solo industrial do monte Afieiras, redactado pola empresa OF.P.-90, S.L., e de conformidade co disposto no artigo 102.4º, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de vinte días, computándose o dito período desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas interesadas poidan examina-lo seu contido nas oficinas xerais, e presenta-las alegacións ou observacións que coiden convenientes.
Moraña, 6 de agosto de 2002.
José A. Eiras Paz
Alcalde