Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación na rúa Maceiras (Teis). (Expediente 145/413).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 27 de maio de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-las alegacións interpostas durante o trámite de información pública no procedemento de referencia por Diego Fernández Cuíña, Julia Grando Domínguez, Elvira Gómez Antonio, Julia Gómez Antonio, José Guerra Viéitez, Josefa Rodríguez Ferreira, Mª Adoración Viéitez González, Manuel Vázquez Álvarez, Alejandro Martínez Lago, José Díaz Garrido, Luis Collazo Cabaleiro, Ángel Lago Collazo, Bernardo Lago Lores, Antonio Lago Araújo e José Sernández López (Bodegas Litán, S.L.). Estimar parcialmente as alegacións formuladas por Concepción Collazo Martínez e Mª de los Ángeles Vázquez González, no sentido e polos motivos que se sinalan na parte expositiva deste acordo.

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto expropiatorio e relación individualizada de bens e dereitos afectados pola ampliación do camiño de Maceiras (Teis), entre a rúa Dr. Corbal e a prolongación da rúa Pedro Alvarado, declarando expresamente a necesidade da súa ocupación -implícita na aprobación do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana-, de acordo coa memoria e planos elaborados pola oficina municipal de actuacións viarias, e coa listaxe que se reproduce no anexo deste acordo (expediente 145/413).

Terceiro.-Solicitar da Administración autonómica a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola expropiación, polos motivos sinalados na parte expositiva deste acordo.

Cuarto.-Publíquese este acordo no DOG, no BOP, nun dos diarios dos de maior circulación da provincia, e no taboleiro de edictos do concello. Notifíquese individualizadamente o seu contido íntegro ós alegantes, interesados e Ministerio Fiscal, coa advertencia de que contra el cabe interpor, alternativamente, recurso de reposición no prazo dun mes ante esta Administración municipal, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.

ANEXO

Parcela PropietarioSuperf.Oc. temp.Elementos

B-1José Sernández López

(Bodegas Litán, S.L.)

18 m1 galpón: 18 m

B-2Siervas de la Pasión151 m44 m1 galpón: 18 m

1 peche: 48 m

B-3Mª Ángeles Vázquez Gzlez.280 m110 m1 galpón: 32 m

Cuberta metálica33 m, muro 75 m

B-4Antonio e Celia Lago229 m46 m

B-5Concepción Collazo Mtnez.150 m33 m

Contra o dito acordo que pon fin á vía administrativa cabe interpor, alternativamente, recurso de reposición no prazo dun mes ante esta Administración municipal, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 8 de xullo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo