Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.378

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE FOMENTO

NOTA-ANUNCIO.

Con data 18 de xullo de 2002, a Secretaría de Estado de Infraestructuras resolveu aprobar tecnicamente o estudio informativo do eixe atlántico de alta velocidade, tramo Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)-Padrón (A Coruña).

En virtude da dita resolución e conforme o disposto no artigo 228.2º do vixente regulamento da Lei de

ordenación dos transportes terrestres, sométese á información pública o dito estudio informativo, por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir da data de publicación deste anuncio no BOE para ser examinado polas persoas que o desexen, que poderán formular observacións que deberán versar sobre circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da liña e sobre a concepción global do seu trazado.

A información pública éo tamén para os efectos ambientais indicados no procedemento de avaliación de impacto ambiental regulado polo Real decreto lexislativo 1302/1986 e o seu regulamento de aplicación (artigo 15).

O estudio informativo estará exposto ó público en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Delegación do Goberno en Galicia (praza de Ourense, s/n. 15004-A Coruña), e Subdelegación do Goberno en Pontevedra (praza de España, s/n. 36071-Pontevedra), así como na Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento (praza dos Sagrados Corazóns nº 7, planta baixa, 28071-Madrid).

Así mesmo, nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Catoira, Rianxo, Dodro, Rois e Padrón estará ó dispor dos interesados unha separata-extracto do estudio informativo no que afecta os ditos municipios.

As alegacións que se formulen irán dirixidas á Subdirección Xeral de Plans e Proxectos de Infraestructuras Ferroviarias, praza dos Sagrados Corazóns nº 7, 28071-Madrid, indicando como referencia: información pública do estudio informativo do eixe atlántico de alta velocidade, tramo Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)-Padrón (A Coruña).

Madrid, 18 de xullo de 2002.

Eduardo Molina Soto

Subdirector xeral de Plans e Proxectos de

Infraestructuras Ferroviarias

FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA

COMARCA DE SANTIAGO