De conformidade co establecido na disposición adicional quinta da Lei 5/2000, do 28 de decembro, do Parlamento de Galicia, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia segundo a redacción que lle deu a Lei 4/1995, do 10 de abril (DOG nº 76, do 20 de abril), así como do disposto no Decreto 200/2002, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002,
DISPÓN:
Convoca-lo proceso selectivo para o acceso á escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEF-Galicia), no corpo superior -grupo A- de Administración xeral da Xunta de Galicia e que ten como competencias as propias da función docente establecidas para o profesorado na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, segundo o previsto na Lei 5/2000 do 28 de decembro, do Parlamento de Galicia, con suxeición ás seguintes,
Bases da convocatoria.
I. Normas xerais.
I.1. O obxecto do proceso selectivo é a cobertura de 26 prazas da Administración da Xunta de Galicia, da escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física (INEF) de Galicia, ocupadas por persoal laboral fixo, prevista no punto 3 da disposición adicional quinta da Lei 5/2000, do Parlamento de Galicia, que establece o sistema de concurso-oposición para o proceso selectivo, que terá lugar publicamente, ofertándose os postos ocupados polo persoal laboral fixo.
O proceso selectivo rexerase pola presente convocatoria, e no non previsto nesta, aplicaranse de xeito integrado a normativa de carácter xeral en materia da Función Pública, tanto estatal como autonómica e, no que proceda na normativa vixente de aplicación.
I.2. Especificacións dos postos docentes para efectos do proceso selectivo.
Os códigos e as denominacións de cada un dos 26 postos docentes da escala de profesores do INEF
de Galicia, e as especificacións das actividades docentes, para efectos do proceso selectivo, atópanse desenvolvidas no anexo I. A existencia de especificacións en ningún caso supón unha limitación engadida, para quen obteña a praza, un dereito de vinculación exclusiva a esa actividade docente, nin limitación da competencia da Xunta de Galicia, ou órgano competente que a substitúa, para asignarlle distintas obrigas docentes ou de investigación.
I.3. Requisitos dos candidatos.
I.3.1. Para ser admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos.
I.3.1.1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega, ou nacional da República de Islandia.
Tamén poderá participa-lo cónxuxe, e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.
Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España.
I.3.1.2. Estar en posesión do título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.
I.3.1.3. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.
I.3.1.4. Ter cumpridos os dezaoito anos.
I.3.1.5. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
I.3.1.6. Posuí-la condición esixida pola Lei 5/2000 na súa disposición adicional quinta, punto 3.
I.3.2. Tódolos requisitos enumerados na base 1.3.1. deberán posuírse no día da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
I.4. Solicitudes e documentación.
I.4.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ó modelo que se publica como anexo II desta convocatoria. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade e xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente. Para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo III forma parte desta convocatoria.
De conformidade co disposto no artigo 31.un da Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, que modifica o punto 3 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3 do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezo e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 47,54 A e, de se-lo caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo III. O dito impreso facilitaráselle ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia; debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo III. Non
obstante o anterior, para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria. Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación de minusvalía.
A non presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.
O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselle, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o punto terceiro da base I.5.2.
I.4.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia e oficinas de correos, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.
I.4.3. Na solicitude os aspirantes deberán indica-lo código, denominación e actividades do posto docente correspondente á praza pola que opta. Neste proceso selectivo soamente poderá optarse a un dos postos docentes ofertados.
O aspirante entregará, xunto coa solicitude:
-Currículo e documentos acreditativos do consignado nel, en orixinal ou copia debidamente compulsada, e un exemplar das publicacións consignadas no currículo.
-Proxecto docente, por quintuplicado, que o candidato propón desenvolver de serlle adxudicada a praza á que concursa; coas especificacións fixadas no anexo I.
I.5. Admisión de aspirantes.
I.5.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente, na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que están expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do documento nacional de identidade.
I.5.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.
Para tal efecto a estimación ou desestimación das peticións de emendas entenderase implícita na resolución pola que se publique a lista definitiva.
Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación no procedemento.
II. Concurso-oposición.
II.1. Procedemento xeral.
O procedemento establécese tendo en conta o disposto pola disposición adicional quinta da Lei 5/2000, do Parlamento de Galicia, que determina que a convocatoria se adaptará á normativa vixente
sobre acceso do profesorado universitario, ó Decreto 95/1991, do 20 de marzo, da Xunta de Galicia, que aproba o Regulamento de selección de persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normativa vixente de aplicación.
II.1.1. O concurso-oposición a que se refire esta orde realizarase onde determine o tribunal que xulga as prazas.
II.1.2. Dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución do Tribunal, o presidente dictará unha resolución, que deberá ser publicada cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que se cita, convocando a tódolos aspirantes admitidos para a realización da primeira proba da fase de oposición, indicando o día, lugar e hora desta.
II.1.3. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.
II.1.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para os efectos dun posterior chamamento.
II.1.5. A publicación dos sucesivos anuncios da realización da fase de oposición será efectuada polo tribunal no lugar onde tivo lugar o anterior exercicio, nos taboleiros de anuncios da consellería e nos das súas delegacións territoriais, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas partes da mesma fase, o anuncio será publicado nos locais onde tivese lugar, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.
II.1.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que aglún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.
Contra tal acordo poderase interpoñer recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
II.1.7. Rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará a relación de aspirantes que o superen.
II.2. Fase de concurso.
Consistirá na valoración dos méritos alegados por cada concursante de acordo co baremo publicado no anexo IV, cunha puntuación máxima de 20 puntos. No concurso avaliarase como mérito preferente o tempo de servicios prestados no posto ocupado como laboral fixo no INEF de Galicia. O dito concurso terá carácter eliminatorio, sendo necesario obter unha puntuación mínima de 12 puntos.
II.3. Fase de oposición.
A fase de oposición constará de dúas probas, cunha puntuación máxima de 40 puntos cada unha delas:
II.3.1. A primeira proba consistirá na exposición oral do proxecto docente presentado polo concursante, durante un tempo máximo de corenta e cinco minutos. O tribunal poderá debater co concursante, durante un tempo máximo dunha hora, valorando a adecuación do proxecto ás necesidades da praza convocada. A proba terá carácter eliminatorio, sendo necesario obter un mínimo de 20 puntos.
II.3.2. A segunda proba consistirá na exposición oral polo concursante, durante un tempo máximo dunha hora, dun tema relativo a unha especialidade da área de coñecemento á que corresponda as actividades docentes especificadas en cada praza, elixido libremente por el. Seguidamente, o tribunal debaterá co concursante, durante un tempo máximo de corenta e cinco minutos, respecto dos contidos científicos expostos, a metodoloxía que se vai utilizar na súa impartición ós alumnos e todos aqueles aspectos que estime relevantes en relación co tema. Para supera-la proba os concursantes deberán obter unha puntuación mínima de 20 puntos.
II.4. Cualificación global.
A cualificación global será a suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e da oposición.
II.5. Tribunais.
II.5.1. Os tribunais cualificadores do proceso selectivo serán nomeados por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
II.5.1.2. Tendo en conta o disposto na disposición adicional quinta da Lei 5/2000, o previsto no Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no Convenio de Adscrición do INEF de Galicia á Universidade da Coruña, e na normativa vixente de aplicación, cada tribunal constará de cinco membros coa seguinte composición:
Presidente:
Será proposto pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, deberá ser funcionario e posuí-lo grao de doutor.
Vocais:
Un catedrático ou profesor-titular de universidade, proposto polo rector da Universidade da Coruña.
Un membro en representación das organizacións sindicais, que deberá ser funcionario, estar en posesión do título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto e posuí-lo grao de doutor.
Un membro proposto pola Escola Galega de Administración Pública, en cumprimento do art. 7 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que deberá ser funcionario e posuí-lo grao de doutor.
Secretario:
Un funcionario proposto pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
Designarase o mesmo número de suplentes, coas mesmas características, e propostas.
II.5.1.3. O nomeamento como membro do tribunal é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada ou algún dos motivos de abstención previstos no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
II.5.2. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á directora xeral da Función Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstacias previstas na presente base.
II.5.3. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base II.5.2.
II.5.4. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal. Á constitución deberá asistir a totalidade dos membros del. A realización da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da publicación do tribunal.
Na dita sesión, o tribunal adoptará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.
II.5.5. A partir da sesión da constitución, o tribunal para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.
II.5.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
II.5.7. Por cada sesión do tribunal levantarase acta que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.
II.5.8. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, co grao de doutor, para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinentes, limitándose estes ase
sores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
II.5.9. O tribunal cualificador adoptará as medias precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios co resto dos demais participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.
Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.
II.5.10. Os tribunais que actúe neste proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.
O número máximo de sesións de cada un dos tribunais será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo só ampliarse o número delas, con base en causa xustificada, pola dita dirección xeral.
II.5.11. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarará que superaron o proceso selectivo un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.
II.5.12. As comunicacións que formulen os aspirantes ó tribunal dirixiranse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano-Santiago de Compostela).
III. Lista de aprobados.
III.1. Rematadas as fases de concurso e de oposición, o tribunal fará públicas no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións territoriais e naqueles outros que coide oportuno, as relacións independentes de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.
O presidente do tribunal enviaralle proposta conxunta de ámbalas dúas listas de aprobados á directora xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada unha das fases.
IV. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios.
IV. 1. Os que dentro do prazo fixado, e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación prevista no artigo 30 da Lei da función pública de Galicia ou do exame dela se deducise que carecen
dalgún dos requisitos sinalados na base I.3. non poderán ser nomeados funcionarios de carreira, segundo corresponda, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que incorresen por falsidade na solicitude inicial.
IV.2. Rematado o proceso selectivo, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante unha resolución do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
IV.3. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.
V. Norma derradeira.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2002.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública
ANEXO I
Materias do plan de estudios conducentes ó título de ldo. en ciencias da actividade física e do deporte
(BOE nº 272, do 13 de novembro de 2000)
(BOE nº 272, do 13 de novembro de 2000).
Código do posto Denominación do posto Actividades docentes especificadas
Áreas de coñecemento vinculadas
Educación física e deportiva Teoría e metodoloxía do adestramento deportivo.
Metodoloxía do rendemento deportivo psicomotor.
Metodoloxía do rendemento deportivo sociomotor.
Didáctica da expresión corporal.
Educación física e deportiva Habilidades ximnásticas.
Ximnasia e a súa didáctica.
Mestría en ximnasia I.
Mestría en ximnasia rítmica II. Didáctica da expresión corporal.
Educación física e deportiva Estructura e organización das institucións deportivas.
Modelos de planificación e xestión.
Dereito deportivo. Organización de empresas.
Proxectos arquitectónicos.
Dereito administrativo.
Educación física e deportiva Baloncesto e a súa didáctica I e II.
Mestría en baloncesto I e II. Didáctica da expresión corporal.
Educación física e deportiva Anatomía e cinesioloxía do aparello locomotor.
Fisioloxía humana e anatomía sistemática.
Fundamentos biolóxicos e mecánicos da actividade física.
Ciencias morfolóxicas.
Fisioloxía.
Enxeñería mecánica.
Física aplicada.
Educación física e deportiva Fisioloxía do exercicio e adestramento deportivo.
Cineantropometría, nutrición e rendemento humano.
Fisioloxía.
Ciencias morfolóxicas.
Fisioterapia.
Educación física e deportiva Anatomía e cinesioloxía do aparello locomotor.
Fisioloxía humana e anatomía sistemática.
Fundamentos biolóxicos e mecánicos da actividade física.
Ciencias morfolóxicas.
Fisioloxía.
Enxeñería mecánica.
Física aplicada.
Educación física e deportiva Habilidades atléticas.
Atletismo e a súa didáctica.
Mestrías en atletismo I e II. Didáctica da expresión corporal.
Educación física e deportiva Voleibol e a súa didáctica I e II.
Mestría en voleibol I e II. Didáctica da expresión corporal.
PR.P49.40.101.15570.011 Profesor/a
nº 1
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15770.012 Profesor/a
nº 2
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.040 Profesor/a
nº 3
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.041 Profesor/a
nº 4
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.042 Profesor/a
nº 5
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.044 Profesor/a
nº 6
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.047 Profesor/a
nº 7
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.048 Profesor/a
nº 8
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.049 Profesor/a
Nº 9
Educación física e deportiva.
Educación física e deportiva Balonmán e a súa didáctica I e II.
Mestría en balonmán I e II. Didáctica da expresión corporal.
PR.P49.40.101.15570.050 Profesor/a
nº 10
Educación física e deportiva.
Materias do plan de estudios conducentes ó título de ldo. en ciencias da actividade física e do deporte
(BOE nº 272, do 13 de novembro de 2000)
(BOE nº 272, do 13 de novembro de 2000).
Código do posto Denominación do posto Actividades docentes especificadas
Áreas de coñecemento vinculadas
Educación física e deportiva Biomecánica.
Biomecánica das habilidades deportivas.
Ciencias morfolóxicas.
Fisioloxía.
Enxeñería mecáncia.
Física aplicada.
Educación física e deportiva Proceso de adestramento deportivo infantil e xuvenil.
Fisioloxía.
Educación física e deportiva Habilidades atléticas.
Atletismo e a súa didáctica.
Mestría en atletismo I e II. Didáctica da expresión corporal.
Educación física e deportiva Educación física para a saúde.
Valoración funcional. Fisioloxía.
Fisioterapia.
Educación física e deportiva Habilidades acuáticas.
Natación e a súa didáctica.
Mestría en natación I e II. Didáctica da expresión corporal.
Educación física e deportiva Baloncesto e a súa didáctica I e II.
Mestría en baloncesto I e II. Didáctica da expresión corporal
Didáctica da expresión corporal Pedagoxía da actividade física e do deporte.
Practicum (Profesor responsable). Didáctica da expresión corporal.
E tódalas relacionadas no Practicum.
Didáctica da expresión corporal Proceso de ensinanza/aprendizaxe da actividade física.
Actividade física en familia. Didáctica da expresión corporal.
Didáctica da expresión corporal Xogos.
Mestría en salvamento acuático I e II. Didáctica da expresión corporal.
Psicoloxía evolutiva e da educación.
Didáctica da expresión corporal Aprendizaxe motor.
Fundamentos de iniciación deportiva. Didáctica da expresión corporal.
Psicoloxía evolutiva e da educación.
Didáctica da expresión corporal Exercicio e condición física. Didáctica da expresión corporal.
Psicoloxía evolutiva e da educación.
Didáctica da expresión corporal Teoría e historia do deporte.
Xogos e deportes tradicionais. Didáctica da expresión corporal.
Historia contemporánea.
Teoría e historia da educación.
Didáctica da expresión corporal Planificación do proceso de ensinanza/aprendizaxe da actividade física e do deporte.
Habilidades docentes e desenvolvemento curricular en educación física.
Didáctica da expresión corporal.
Psicoloxía básica Psicoloxía da actividade física e do deporte.
Psicoloxía do adestramento deportivo. Fisioloxía.
Psicoloxía básica.
Psicoloxía evolutiva e da educación.
Economía aplicada Creación de empresas deportivas.
Dirección e administración de empresas deportivas.
Organización de empresas.
Economía aplicada.
Socioloxía Socioloxía do deporte.
Vida cotiá e deporte. Socioloxía.
Antropoloxía social.
Psicoloxía social.
PR.P49.40.101.15570.051 Profesor/a
nº 11
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.052 Profesor/a
nº 12
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.053 Profesor/a
nº 13
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.054 Profesor/a
nº 14
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.057 Profesor/a
nº 15
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.058 Profesor/a
nº 16
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.086 Profesor/a
nº 17
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.087 Profesor/a
nº 18
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.088 Profesor/a
nº 19
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.089 Profesor/a
nº 20
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.090 Profesor/a
nº 21
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.091 Profesor/a
nº 22
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.093 Profesor/a
nº 23
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.099 Profesor/a
nº 24
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.103 Profesor/a
nº 25
Educación física e deportiva.
PR.P49.40.101.15570.106 Profesor/a
nº 26
Educación física e deportiva.
ANEXO IV
Méritos valorables na fase de concurso
1. Actividade docente en ensinanza superior (máximo 12 puntos).
-Servicios prestados en posto de traballo idéntico ó convocado, na Xunta de Galicia, por cada ano ou fracción superior a 6 meses: 2 puntos.
-Servicios prestados en posto de traballo idéntico ó convocado, noutras administracións, por cada ano ou fracción superior a 6 meses: 1 punto.
-Impartición de programas de doutoramento, cada crédito impartido ou dirixido: 0,25 puntos.
-Impartición en programas de posgraduación, seminario ou curso monográfico de recoñecemento universitario, por cada crédito impartido ou dirixido: 0,05 puntos.
2. Actividade investigadora e producción científica (máximo 6 puntos).
2.1. Actividade investigadora.
-Posuí-lo grao de doutor: 2 puntos.
-Investigador en proxecto de investigación financiado polas administracións públicas: 1 punto.
2.2. Publicacións.
-En revista con factor de impacto: 1,50 puntos.
-En revista rexistrada en base de datos internacional: 0,50 puntos.
-Libro científico como autor ou editor: 0,40 puntos.
-Comunicación en libros de actas de congreso internacional de rango científico: 0,35 puntos.
-Autor de capítulo de libro científico: 0,30 puntos.
2.3. Relatorios e comunicacións en congresos.
-Relatorio encargado en congreso científico internacional ou nacional: 0,50 puntos.
-Comunicación científica en congreso internacional: 0,40 puntos.
-Comunicación científica en congreso nacional: 0,25 puntos.
3. Outros méritos (máximo 2 puntos).
3.1. Docencia noutros niveis educativos oficiais.
-Servicios prestados en posto de traballo, na Xunta de Galicia, por cada ano ou fracción superior a 6 meses: 0,50 puntos.
-Servicios prestados en posto de traballo noutras administracións, ou entidades recoñecidas, por cada ano ou fracción superior a 6 meses: 0,25 puntos.
3.2. Publicacións de ámbito profesional ou técnico.
-Monografía, capítulo de libro, ou publicación audiovisual ou multimedia, de apoio á docencia universitaria: 0,25 puntos.
-Artigo en publicación periódica técnica: 0,25 puntos.
-Publicación en libros de actas de congresos, xornadas ou simposios profesionais ou técnicos: 0,15 puntos.
3.3. Exercicio profesional específico e formación permanente.
-Estadía docente-investigadora noutro centro ou universidade, por cada 15 días: 0,15 puntos.
-Exercicio profesional en ámbitos da actividade física e do deporte (agás docencia) por cada 6 meses: 0,10 puntos.
-Membro de comités científicos en publicacións ou congresos internacionais: 0,05 puntos.
-Títulos deportivos oficiais de nivel superior: 0,05 puntos.
-Responsabilidades de xestión ou asistencia a actividades de formación, fomento, cooperación, encontro, visitas ou cursos de especialización científica ou universitaria, por mes acreditado: 0,05 puntos.
-Asistencia a congreso científico: 0,05 puntos.
-Responsabilidades de xestión académica no ámbito universitario por mes acreditado: 0,01 punto.
-Títulos propios universitarios: especialización, posgrao, ou máster, por cada crédito superado: 0,01 punto.

