Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. A Estorrentada.
Situación: Cambre.
Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al:
-De 204 m de lonxitude, con orixe na liña A Telva-Sigrás e final no C.T. Pena da Nosa Señora, na urbanización A Picota, que se vai instalar.
-De 561 m de lonxitude, con orixe no C.T. Pena da Nosa Señora e final no C.T. residencial Eira de Arriba na Estorrentada, que se vai instalar.
Centros de transformación en casetas prefabricadas de formigón de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, un na urbanización A Picota e outro no residencial Eira de Arriba. Concello de Cambre.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do
día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 15 de xullo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

