Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos sociais da entidade Seragro, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, de 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e no artigo 53 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que a entidade Seragro S. Coop. Galega, na asemblea xeral que tivo lugar en data 1 de xuño de 2002 acordou a seguinte modificación dos seus estatutos sociais: cambio do domicilio social que se fixa na rúa Castiñeiras, nave 112, A2, polígono industrial do Milladoiro, Ames (A Coruña).

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais