Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de xullo do 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de incendios OU 318/02 IN e cinco máis devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais

81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 22 de xullo do 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente

nº/ano

-Denunciado-DNI-Último enderezo

coñecido

-Feito denunciado-Precepto infrinxido

e sancionador

-Sanción

OU 318/02 INOrlando Sarabia Romero

DNI: 34922783

San Joaquín Nº16

28004 Madrid

Abandono de vehículo

B-5939-AS

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais.300,51 A

(50.000 ptas.)

-Expediente

nº/ano

-Denunciado-DNI-Último enderezo

coñecido

-Feito denunciado-Precepto infrinxido

e sancionador

-Sanción

OU 319/02 INFrancisco Mallo Díaz

DNI: 37387761

De La Muga, nº 5 baixo-1º

08038 Barcelona

Abandono de vehículo

Nº bastidor VSX000093L4066849

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 328/02 INRosa Gómez Salgado

DNI: 34907577

Quintián nº1

32001 Ourense

Abandono de vehículo

OR-017940

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 336/02 INFrancisco De Sales Muradás Vázquez

DNI: 34915830

Estrada O Irixo nº 26, 1º

32500, O Carballiño

Abandono de vehículo

B-9841-EH

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 283/02 INFernando Luis Ferreira dos Santos

DNI: OR-005147

San Juan nº 29-2º esq.

Gernika-Lumo

Biscaia

Abandono de vehículo OR-28934Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 316/02 INMaría Concepción Gomes Pereira

DNI: 44488633

Praza Lexión nº 7

32002 Ourense

Abandono de vehículo

Nº bastidor VSS021A0009913816

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. Forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE