De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da Asociación Profesional de Empresarios e Comerciantes das Pontes titular do expediente AF001.2001.1.70 relativo á axuda ós proxectos de implantación de melloras competitivas establecidas a partir dun diagnóstico (Resolución do 13 de xullo de 2001, DOG nº 142, do 23 de xullo de 2001), que con data do 17 de xuño de 2002 a directora da Área de Financiamento do Igape resolveu o arquivo do expediente, por ter manifestado a dita asociación a vontade de desistir da súa solicitude.
Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolu
ción de arquivo esgota a vía administrativa e contra ela poden interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo máximo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo máximo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2002.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica

