Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-9/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 5 de xullo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle en vistas á futura construcción do centro parroquial na praza da Tolerancia, promovido pola parroquia de San Pío X e San Roque, coa condición de que con anterioridade á súa aprobación definitiva corrixan as deficiencias detectadas no informe técnico municipal do 1 de xullo de 2002.

Segundo.-Someter a información pública polo prazo dun mes de duración o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12 a 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 12 de xullo de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo