Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.861

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2002 pola que se lle dá publicidade ó acordo do tribunal encargado de avalia-las probas de constatación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, no que se elevan a definitivas as listas provisionais de aprobados.

Publicadas o 4 de xuño de 2002 as relacións provisionais de aprobados correspondentes ás probas de constatación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor convocadas por Resolución do 3 de xaneiro de 2002, e transcorrido o prazo establecido para presenta-las correspondentes reclamacións, unha vez examinadas estas, este tribunal

ACORDA:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Segundo.-Expoñe-las citadas relacións nos lugares establecidos para o efecto na resolución de convocatoria.

Terceiro.-Que se publique esta acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución pode interpoñerse recurso de alzada ante o director xeral de Transportes (CPTOPV) da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia do presente acordo. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002.

Carlos González Rodríguez

Presidente do tribunal