Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.893

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xullo de 2002 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio público integrado de Dodro (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 1, punto 2º do anexo do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG nº 16, do 26-1-1999), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta Consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Dodro.

Localidade: Laíño.

Código do centro: 15023399.

Denominación: centro público integrado de Dodro.

Nova denominación: centro público integrado Eusebio Lorenzo Baleirón.