Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.851

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de setembro de 2002 pola que se lle autoriza a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Liceo La Paz da Coruña.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Liceo La Paz da Coruña, no que solicita a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil,

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Eduación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o envía cos informes correspondentes,

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto,

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Liceo La Paz da Coruña, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Univer

sitaria, logo de informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia nas unidades que se amplían.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: rúa As Cernadas nº 20, polígono de Mato Grande.

Código do centro: 15004265.

Denominación: Centro Privado Liceo La Paz.

Titular: Carlos Pérez Roca-Antonio Pintor Vidal.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 14 unidades.

b) Centro de educación primaria: 30 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 16 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato:

* Quenda de mañá: 8 unidades das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e de tecnoloxía.

*Quenda de tarde-noite: 6 unidades das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e de tecnoloxía.

e) Centro de formación profesional específica:

Familia profesional: actividades físicas e deportivas.

-1 ciclo formativo de grao superior de animación de actividades físicas e deportivas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

Familia profesional: administración.

-1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 30 postos escolares).

-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

Familia profesional: hostalería e turismo.

-1 ciclo formativo de grao medio de servicios de restaurante e bar (1 unidade para 30 postos escolares).

Familia profesional: informática.

-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

Familia profesional: sanidade.

-1 ciclo formativo de grao medio de coidados auxiliares de enfermería (1 unidade para 30 postos escolares).

-1 ciclo formativo de grao medio de farmacia (1 unidade para 30 postos escolares).

-1ciclo formativo de grao superior de documentación sanitaria (1 unidade para 20 postos escolares).

-1 ciclo formativo de grao superior de próteses dentais (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).