A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 2 de agosto de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Desestima-la alegación presentada por Juan José Díaz Santamaría en data 22 de outubro de 2001.
Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono H9.04 e solo adxacente, na confluencia entre a rúa Merced e a rúa Antonio Ríos, promovido pola orde dos Carmelitas Descalzos, coa condición de que con anterioridade a asina-la acta de comprobación de replanteo pola que darán comezo as obras de urbanización sexa presentada pola promotora documentación adicional consistente nunha planta xeral a escala adecuada e orzamento indicando os custos dentro e fóra do polígono así como o espacio de titularidade pública e privada, facendo así efectivo o previsto no informe do enxeñeiro de camiños municipal con data do 5 de xullo de 2002.
Terceiro.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista e notificarllo ó promotor do documento.
Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se
é o caso, a publicación, aínda que, previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.
A Coruña, 20 de agosto de 2002.
P.D.
José Federico Nogueira Fernández
Concelleiro delegado

