Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 29 de novembro de 2001, relativo á adxudicación definitiva dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia, resulta necesario dar publicidade ó mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan
no Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora en F.M. de carácter comercial, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.
RESOLVO:
Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 29 de novembro de 2001, polo que se adxudica definitivamente o servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor de Hercus Gabinete de Estudios, S.L., para a localidade de Cedeira; coas características técnicas que figuran no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2002.
Ignacio José Otero López
Director xeral de Comunicación
Social e Audiovisual
ANEXO
O Consello da Xunta de Galicia, en reunión do día 29 de novembro de 2001 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Outorga-la concesión definitiva para a posta en funcionamento dunha emisora, de carácter comercial, para a súa explotación en réxime de xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor de Hercus Gabinete de Estudios S.L., para a localidade de Cedeira, logo de concesión do dominio público para a explotación do servicio outorgada pola Secretaría de Estado das Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, con suxeición ás normas contidas na Lei 31/1987, do 18 de decembro, de ordenación das telecomunicacións, modificada pola Lei 32/1992, no Real decreto 1388/1997, do 5 de setembro, polo que se aproba un incremento de frecuencias para a xestión indirecta de emisoras, dentro do Plan Técnico Nacional de Radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia; no Decreto 281/1997 do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora, de
carácter comercial, en ondas métricas con modulación de frecuencia, en concordancia co Decreto 156/1989, do 7 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia e demais normativa aplicable.
A sociedade Hercus Gabinete de Estudios S.L. solicitou a concesión do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ó amparo do Decreto 281/1997, do 9 de outubro, e se lle concedeu, con carácter provisional, por acor
do do Consello da Xunta de Galicia do 5 de marzo de 1998.
A frecuencia asignada queda condicionada, de se-lo caso, ó trámite de coordenación internacional.
A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo adoptará as medidas necesarias para a execución deste acordo, conforme as funcións que lle atribúe o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
As características técnicas que se asignan a esta emisora son as seguintes:
Provincia: A Coruña.
Localidade: Cedeira.
Concesionario: Hercus Gabinete de Estudios, S.L.
Frecuencia (Mhz): 101.3.
Coordenadas: 43º 38' 58''N 08º 05' 11''W.
Cota (m): 198.
Denominación da emisión: 256KF8EHF.
Potencia radiada aparente máxima (w): 200.
Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 79.
Potencia de saída autorizada equipo transmisor (w): 100.
Sistema radiante: 2 depolos, omnidireccional.
Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 20.
Altura do mastro sobre o chan (m): 26.
Altura efectiva máxima (m): 218.
Polarización: vertical».