Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica consistente na dirección facultativa das obras de construcción dun aparcamento subterráneo na praza Roxa en Santiago de Compostela.
Tipo de licitación: 233.532,40 euros, IVE incluído.
Prazo de execución: os traballos desenvolveranse durante a execución das obras.
Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.
Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.
Clasificación do contratista: non se esixe.
Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación), teléf.: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.
Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 6.2º do prego de cláusulas económico-administrativas.
Garantía provisional: 4.670,65 euros.
Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2002.
José A. Sánchez Bugallo
Alcalde

