Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente incoado por infracción á Lei de residuos, ESCA 20/02-LU, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 10/1998, de residuos.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 29 de xullo de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: ESCA 20/02-LU.

Denunciado: Corsán-Corvián.

DNI: A-82807744.

Enderezo: praza Almirante Romay, nº 6, 7º D. A Coruña.

Feito denunciado: a empresa Corsán-Corvián está a realizar un abandono, vertedura ou eliminación incontrolada de mestura de residuos industriais e perigosos (aceites usados, filtros-catalogados co código 13 02 03 como Residuos perigosos, segundo o Decreto 154/1998, do 28 de maio, polo que se publica o Catálogo de residuos de Galicia.

Precepto sancionador: 34.3º 1) da Lei 10/1998, de residuos.

Cualificación da sanción: grave.

Sanción: 30.050,61 euros.