Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da certificación da asemblea xeral de afiliados do 17-7-2002, modificadora dos estatutos do Sindicato Independiente de Trabajadores de Indugasa -SITI-.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise

público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foi depositada a certificación da asamblea xeral de afiliados do 17-7-2002, pola que se dá conta da modificación dos estatutos do Sindicato Independiente de Trabajadores de Indugasa -SITI-, que pasa a chamarse Sindicato Independiente de GKN-Indugasa-S.I. -F.S.I.-.

Asinan a certificación: Javier Álvarez González, secretario xeral e José A. Santiago Veiga, secretario de actas.

A modificación estatutaria poderá ser examinada por calquera persoa interesada.

Vigo, 18 de setembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra