Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.954

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (274/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber: que nos autos número 274/2002 seguidos por instancia de Manuel L. Ures Eiroa, José M. García Castiñeira e Alfredo Pose Doldán contra Construcciones Protuin, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou resolución, con data do 20-9-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Manuel L. Ures Eiroa, José M. García Castiñeira e Alfredo Pose Doldán, debo declarar e declaro o dereito dos demandantes a percibi-las cantidades reclamadas polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Construcciones Protuin, S.L., a que, estando e pasando por tal declaración, lles aboe ós demandantes as seguientes cantidades en concepto de salarios e liquidación:

TraballadorCantidade

Manuel L. Ures Eiroa4.285,94 euros.

José M. García Castiñeira3.140,23 euros.

Alfredo Pose Doldán2.709,54 euros.

E debo absolver e absuelvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra esta resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, asemade, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado ó do

importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Construcciones Protuin, S.L., que tivo o seu último enderezo conocido en avda. do Exército, nº 8 B, 15006 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 20 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado