En sesión ordinaria do 8 de outubro de 2002, a Comisión de Goberno, por delegación da Alcaldía, aprobou inicialmente o Plan Parcial do Solo Rústico de Desenvolvemento (SR-D), situado ó norte da valgada do río Pontiñas, entre o AR-10 e o resto de SR-D, de iniciativa particular, promovido por Sinergías Dezanas, S.A. e redactado pola arquitecta Mª José González Suárez, nos termos e cos condicionantes detallados no propio acordo.
Por aplicación do artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, este acordo de aprobación inicial determina a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias no perímetro deste plan parcial.
De conformidade co disposto no artigo 42.1º do mesmo texto legal, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá examinarse nas oficinas municipais, nas horas de oficina, e formularse, se é o caso, as alegacións que se consideren procedentes, que deberán ir dirixidas ó alcalde.
Lalín, 9 de outubro de 2002.
O alcalde
Rubricado

