De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso á categoría 2 do grupo I (titulado superior médico), levada a efecto pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), e remitida polo tribunal I-A a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal I-A dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría 2 do grupo I (titulado superior médico), que se publica como anexo desta orde.
Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública os documentos a que se refire a base V.1 da orde de convocatoria.
Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter postestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencios-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2002.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública
ANEXO
Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 2 do grupo I (titulado superior médico) de persoal laboral da Xunta de Galicia
DNI Apelidos e nome 1ª proba 2ª proba 3ª proba 4ª proba Concurso Total
32449408L Lado Canosa, Mª de los Ángeles 12,17 11,72 6,25 Exento 15 45,14
34984912A Rodríguez Camero, Susana 13,26 12,29 7,25 Exento 11,15 43,95
35311258W Hermida Díaz, Ana Mª 13,69 15,35 6,75 Exento 6,38 42,17
32641973M Ares Bañobre, Mª Mercedes 12,82 12,62 7,25 Exento 6,39 39,08
33289060X Fernández García, José Manuel 13,26 11,72 8,37 Exento 5,50 38,85
45416635F Bartolomé García, Estrella 14,99 10,31 5 Exento 8,50 38,80
32429940D Pérez Caloto, Margarita Mª 10,43 13,14 6,20 Exento 2,40 32,17
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA

