Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.811

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2002 pola que se modifica a composición do tribunal xulgador das probas selectivas para ingreso na escala auxiliar desta universidade.

Convocadas probas selectivas para ingreso na escala auxiliar desta universidade por Resolución do 10 de xuño de 2002 (DOG do 2 de xullo) e concorrendo na presidenta suplente do tribunal Marta Mª García Pérez, secretaria xeral da universidade, circunstancias derivadas do exercicio do seu cargo que imposibilitan a súa actuación,

Este rectorado, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 65 dos estatutos desta universidade, aprobados polo decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), resolve modifica-la composición do citado tribunal designando como presidente suplente a Alejandro Pazos Sierra, vicerrector de Investigación.

A Coruña, 28 de outubro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña