1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.
c) Número de expediente: 02-01-DIR.EX.MARIN.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a dirección de execución das obras de construcción dun auditorio en Marín (Pontevedra).
b) Lugar de execución: Marín (Pontevedra).
c) Prazo de execución ou data límite de entrega: o prazo de execución é o resultante do de execución de obra.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: corenta e oito mil oitenta euros con setenta e nove céntimos (48.080,79 euros).
5. Garantía provisional.
Esixirase unha fianza provisional de novecentos sesenta e un euros con sesenta e dous céntimos (961,62 euros).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.
b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Teléfono: 981 54 43 82/981 54 43 71.
e) Telefax: 981 54 43 43/981 54 53 35.
f) Data límite de obtención de documentos e información: quince (15) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante a presentación de informe da entidade financeira, referida ó obxecto do contrato.
b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase polos seguintes medios:
1) Copia compulsada do título de arquitecto técnico ou aparellador.
2) Relación dos traballos, similares ou do contrato, realizados nos tres últimos anos. Deberá acreditarse, polo menos, un encargo de contía similar para unha Administración pública.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: quince (15) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral.
1) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
2) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.
3) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes:
Oferta base: axustarase ó proxecto, non se admite ningunha modificación, agás o prezo.
Oferta variante: non se admite.
9. Apertura das ofertas: en acto público, na sala de xuntas.
a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Data: décimo (10º) día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas.
e) Hora: 10 horas.
10. Outras informacións.
As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios.
Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario (custo máximo estimativo por liña: 9,38 euros).
12. De se-lo caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp/N=2002.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2002.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda

