Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a informa
ción pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.A. Folgoso-Galiñeiro Marzoa.
Situación: Ordes.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conducto LA-56, de 2.686 m de lonxitude coa orixe na L.M.T.A. 803 na derivación a Folgoso e final na derivación ó C.T. Galiñeiro Marzoa. Concello de Ordes.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 3 de outubro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

