Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002 pola que se aproba o expediente correspondente á licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade do Instituto Enerxético de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Instituto Enerxético de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita: Departamento de Planificación e Xestión.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servicio de vixilancia e seguridade do Inega.

2.2. Duración: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e un mil euros (41.000A) IVE incluído.

5. Fianza provisional.

Non se require.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento total de adxudicación.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no Instituto Enerxético de Galicia, sito en Santiago de Compostela, rúa Ourense nº 6 (A Rosaleda), así como na páxina web do Inega www. inega.es.

7.2. Información:

Teléfono: 981 54 15 14.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 2.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral do Instituto Enerxético de Galicia.

b) Enderezo: rúa Ourense nº 6.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Enerxético de Galicia.

b) Enderezo: rúa Ourense nº 6 A Rosaleda.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

Juan Caamaño Cebreiro

Director do Instituto Enerxético de Galicia