A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.
c) Número de expediente: 24/2002.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.
b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material dun só uso para quirófano.
c) Lote: 5.
d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOCE nº S-84, do 30 de abril; BOE nº 103, do 30 de abril; DOG nº 91, do 13 de maio de 2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.
Importe total: 323.655 euros.
5. Adxudicación.
adxudicación
Lote Data Empresa Nacionalidade Importe da
1 7-8-2002 Torras Valentí, S.A. Española 29.723,79 A
2 7-8-2002 Hortas Suministros, S.L. Española 145.887,558 A
3 7-8-2002 Molnlycke Health Care, S.L. Española 44.522,70 A
4 7-8-2002 TC Unidix, S.A. Española 5.940 A
5 7-8-2002 Prosaga, S.L. Española 32.211 A
En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2002.
Javier Jiménez Ferreres
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago de Compostela

