Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra: reparación da Casa do Concello-2ª fase.

1. Entidade adxudicataria.

Concello de Cee.

2. Obxecto do contrato.

Execución da obra reparación da Casa do Concello-2ª fase.

Redactor do proxecto: Manuel A. Echevarría Ulargui.

Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación e procedemento.

Urxente, con procedemento aberto.

4. Forma.

Concurso.

5. Orzamento de contrata.

162.860,97 euros.

6. Clasificación empresarial.

Grupo C.

Subgrupo 5 e 6. Categoría C.

7. Garantías.

Garantía provisional: 2% do orzamento de contrata (3.257,22 euros).

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información.

Concello de Cee. Rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n.

Tfno.: 981 74 51 00. Fax: 981 74 67 57.

9. Presentación de ofertas.

Trece días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do último anuncio (BOP ou DOG).

10. Documentación.

A que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación.

Na Secretaría do Concello de Cee, en horas hábiles de oficina.

12. Apertura de propostas.

Ás 19.30 horas do seguinte día hábil ó do remate do prazo de presentación de propostas; no caso de ser sábado entenderase prorrogado ó 1º día hábil seguinte.

13. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Cee, 30 de outubro de 2002.

José Antonio Domínguez García

Alcalde-presidente