O tribunal V-E encargado de xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 11 (limpador/a e outros) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 6 de novembro de 2002,
ACORDOU:
Primeiro.-Facer públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso, que serán publicadas nos
servicios de información e atención ó cidadán da Xunta de Galicia.
Segundo.-Os aspirantes que non estean de acordo coa puntuación provisional outorgada, poderán formula-las alegacións que consideren pertinentes, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, mediante comunicación a este tribunal, dirixida á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).
As alegacións relativas á experiencia profesional deberán ir acompañadas de copia cotexada do/s contrato/s orixinario/s e de informe de vida laboral, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridde Social, así como de calquera outra documentación que teñan por conveniente.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2002.
José Ramón Pardo Cabarcos
Presidente do tribunal V-E

