Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.859

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se lle dá publicidade á Resolución do 23 de setembro de 2002, da Dirección Xeral para a Administración Local do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de traslados de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 13 de maio de 2002.

De conformidade co establecido no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta dirección xeral no uso da competencia conferida polo artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e a Orde do 29 de maio de 2002 da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, mediante a cal se delega no director xeral de Administración local o exercicio das competencias que, respecto ós funcionarios de Administación local con habilitación de carácter nacional, lle correspondan ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais,

DISPÓN:

Publica-la Resolución do 23 de setembro de 2002, da Dirección Xeral para a Administración Local,

pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de traslados de funcionarios de Administración local do Ministerio para as Administracións Públicas con habilitación de carácter nacional, convocado por resolución da devandita dirección xeral do 13 de maio de 2002, e o anexo correspondente ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia co contido que se sinala a continuación.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

P.S. (Orde 27-9-2002)

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

ANEXO

Resolución do 23 de setembro de 2002, da Dirección Xeral para a Administración Local do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de traslados de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 13 de maio de 2002.

Adoptados polas corporacións locais acordos de resolución do concurso ordinario de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución do 13 de maio de 2002, en cumprimento do disposto no artigo 21.4º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Observadas, tralo estudio conxunto das ditas resolucións, adxudicacións múltiples a favor dun mesmo concursante, e unha vez levado a cabo o preceptivo proceso de coordinación, co obxecto de evitar nomeamentos simultáneos en máis dunha corporación, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, de 29 de xullo, e no artigo 8 e disposición adicional sétima, 2, do Real decreto 1372/2000, do 19 de xullo,

resolve:

Primeiro.-Efectua-la asignación final de postos ós concursantes que obtiveran máis dunha adxudicación, atendendo á súa orde de preferencia.

Segundo.-Formaliza-los nomeamentos definitivos dos concursantes nos postos adxudicados, de acordo coas resolucións das corporacións locais convocantes, e unha vez efectuado o proceso de coordinación, nos termos establecidos no anexo desta resolución.

Terceiro.-Os postos convocados, e excluídos do anexo, non foron obxecto de adxudicación por falta de solicitantes, por non reunir estes os requisitos ou puntuación mínima e por falta de remisión, polas corporacións locais, das resolucións do concurso a esta dirección xeral.

Cuarto.-O prazo de toma de posesión dos funcionarios ós que se lles formaliza o nomeamento será de tres días hábiles, se se trata de postos na mesma localidade, e dun mes, se é primeiro destino ou posto

de traballo en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado. Se a resolución comporta o reingreso no servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación. Non obstante, os presidentes das corporacións poderán diferi-lo cesamento e a toma de posesión polo prazo que aconsellen as necesidades do servicio co límite establecido no artigo 23.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Quinto.-As corporacións locais deberán remitirlle a esta dirección xeral (Subdirección Xeral de Función Pública Local (praza de España, 17, 28071 Madrid) e ó órgano correspondente da Comunidade Autónoma respectiva copia da acta de toma de posesión e cesamento, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel no que se produzan.

Sexto.-Contra a presente resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interporse, potestativamente, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante esta dirección xeral, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a elección dos interesados, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ou o correspondente á circunscrición onde teñan o seu domicilio, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, así como nos artigos 10.1º i) e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e sen prexuízo de calquera outro recurso que se puidese interpor.

Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría categoría superior

-A Coruña:

Concello de Narón. 1553001. Prado Fernández, Alfonso de. Documento nacional de identidade: 9393615.

Intervención-Tesourería categoría superior

-A Coruña:

Concello de Culleredo. 1530002. Deserta trala fase de coordinación.

Concello de Oleiros. 1557001. Deserta trala fase de coordinación.

Tesourería

-A Coruña:

Concello de Culleredo. 1530003. Deserta trala fase de coordinación.

Concello de Santiago. 1577001. Viña Carregal, Inmaculada. Documento nacional de identidade: 33228982.

-Lugo:

Concello de Lugo. 2700101. Enríquez Albaina, María Irache. Documento nacional de identidade: 32812080.

-Pontevedra:

Concello do Porriño. 3638001. Barbeito Montero, Isabel. Documento nacional de identidade: 32777918.

Secretaría categoría de entrada

-A Coruña:

Concello de Pontedeume. 1568001. Cacharrón Castelos, Ana María. Documento nacional de identidade: 32763208.

Intervención-Tesourería categoría de entrada

-A Coruña:

Concello de Pontedeume. 1568002. León Álvarez, Lucía. Documento nacional de identidade: 32775784.

-Pontevedra:

Concello de Cambados. 3606002. Deserta trala fase de coordinación.

Secretaría-Intervención

-A Coruña:

Concello da Baña. 1507001. Dourado González, Olga. Documento nacional de identidade: 33259726.

-Ourense:

Concello do Pereiro de Aguiar. 3257001. Álvarez Dobaño, Plácido. Documento nacional de identidade: 34927635.

-Pontevedra:

Concello de Soutomaior (Adxunto a Secretaría). 3652001. Reboredo Fernández, María Elena. Documento nacional de identidade: 36034769.