Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.901

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 4 de novembro de 2002 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 5 da dita lei, o sindicato UGT-Galicia acordou a substitución de varios dos seus membros titulares e suplentes, da súa representación no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 147/2002, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sinala que «a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais».

Por todo o exposto, ó abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia, a José Carlos Rodríguez del Río, en substitución de Vicente Calvo Loureiro.

Artigo 2º

Nomear membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia, a María Luisa Rodríguez Vázquez en substitución de José Carlos Rodríguez del Río, a Ernesto Fontanes Blanco en substitución de Santiago Lamas Piñón e a Eladio Romero Ares en substitución de José Antonio Gómez Gómez.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais