De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co fin de que no prazo dun mes calquera persoa física ou xurídica poida examina-lo expediente e formula-las alegacións que estime pertinentes, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, sita na Praza de Europa, 5 A-4º, Polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, tivo entrada a solicitude de creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia, que tería os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: o Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática de Galicia agruparía os titulados superiores en informática, que cursasen a licenciatura ou enxeñería en informática nunha universidade española ou en calquera outra estranxeira, sempre que o seu título profesional fose debidamente homologado.
Asinan a solicitude: Gabriel Ferreiro Pena, en calidade de presidente da Asociación de Doutores, Licenciados e Enxeñeiros en Informática de Galicia
(Aliga), e Dolores Galván Bretaña, en calidade de delegada en Galicia da Asociación de Doutores, Licenciados e Enxeñeiros en Informática (Ali).
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2002.
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

