Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:
Segundo o recollido no anexo II do Real decreto 63/1995, do 20 de xaneiro, sobre ordenación de prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ó terceiro obrigado ó pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ó seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 70/2001, de 22 de marzo, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 68, do 5 de abril), polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ó seu nome.
Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que presentar, deberán poñerse en contacto co servicio de facturación deste centro sanitario, teléfono 988 38 55 27.
Para que conste, sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.
Ourense, 9 de outubro de 2002.
Alfonso Clemente González
Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense
Nome do paciente (no caso de menores) DNI/NIF
Nome pai/nai/titor
Alcalde Gutiérrez, Domiciano 12630657 T Alfonso Suárez, Luisa 76699157E Armesto Novoa, Florentina 34517790B Barros Campos, David Barros Martínez, Darío 34900849M Cambeiro Rodríguez, Fernando 32814505Z Cimpoies, Claudia X3341879W Conceicao Duarte, José Antonio X3207410Z Costids Mendes, Alberto 47224560V Duarte da Rocha, Andrés Jesús X3095604B Ferreiro Augusto, Jacinto 34964996M De la Fuente Mateo, José Antonio 35002369A Gallego Moncada, Ernesto X3932651L González Hentschel, Mariano 34995291D Jurado Vélez, Lina Farlley X3307696C Llinas Carballo, Rosario 8407593W Losada Colmenero, Gonzalo 34919461X María Batista, Rosimeire X2389336G Martínez Barreiro, Antonio 34968983J Menéndez Esperanza, Álvaro 9403051F Oroz Vázquez, Luis Alberto 34977781W Ortiz Feliz, Carolina X2999498E Robert, Helen X3625501B Rodríguez Mouriño, Domingo 76888987X Roldán Barrera, Diana María X3180904G Ruiz Echeverri, Sandra Isabel X31305915S Da Silva, Gisele X2406038P Torres Flores, Diana María X4163185R Valencia Rivera, Luis Rivera Abelaira, Dominga 34253007G Vázquez Freire, Rosa 34998784Y Vilanova Fernández, Anselmo José 34578424V

