A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o 27 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación do proxecto de urbanización da actuación que se vai desenvolver no ámbito da Área de Planeamento Específico H3.01, promovido pola Xunta de Compensación da Área de Planeamento Específico.
Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.
Terceiro.-Notificarllo á Xunta de Compensación da Área de Planeamento Específico.
Esta acordo pon fin á vía administrativa e pódese interpor contra el, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade coas artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.
O que se publica para xeral coñecemento.
A Coruña, 10 de outubro de 2002.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo

