Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona do monte de San Miguel de Vilar (Touro-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 42/1993, do 19 de febreiro (DOG nº 40, do 1 de marzo) que se van inicia-los traballos de investigación da propiedade para efectos de concentración, que darán comezo o día seguinte ó da publicación deste aviso e se prolongarán durante o tempo necesario, no lugar habilitado para o efecto na mesma parroquia.
Requírese os propietarios, alugados e, parceiros e en xeral, os cultivadores e titulares de calquera dereito para que dentro do dito prazo presenten ó persoal encargado dos citados traballos, os títulos en que funden os seus dereitos ou declaren, en todo caso, os gravames ou situacións xurídicas que afecten as súas leiras ou dereitos.
Advírtese que as leiras dos propietarios que non aparecesen neste período serán consideradas como leiras de descoñecidos e daráselle-lo destino sinalado na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concen
tración parcelaria para Galicia. Tamén se advirte que a falsidade nestas declaracións dará lugar, con independencia das sancións penais, á responsabilidade por danos e perdas que deriven dela.
Os traballos de concentración afectarán á totalidade das parcelas pertencentes ó monte de San Miguel de Vilar, do concello de Touro. Polo tanto, os seus propietarios deberán, no seu propio interese, ademais de faceren a declaración das súas parcelas, segui-lo desenvolvemento dos traballos de concentración para facer vale-los seus dereitos no momento oportuno.
A Coruña, 16 de outubro de 2002.
Jesús Collar Urquijo
Delegado provincial da Coruña
CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL
E TURISMO

