Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.313

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 282/2002, do 6 de setembro, polo que se establece o réxime xurídico das licencias que habilitan para o exercicio da pesca nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro no devandito decreto, publicado no DOG nº 192, do 4 de outubro de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 14.378, no artigo 1, onde di: «O exercicio recreativo da pesca desde as beiras, nas áreas de desembocadura que se relacionan no anexo, esixirá dispor da licencia de pesca marítima ou fluvial, indistintamente.», debe dicir: «O exercicio recreativo da pesca, nas áreas de desembocadura que se relacionan no anexo, esixirá dispor da licencia de pesca marítima ou fluvial, indistintamente».