De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de desistencia da solicitude de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-2001 (DOG nº 92, do 14 de maio), publícase:
Expediente de procedemento: FM 343G 2001/854-5.
Orde de convocatoria: 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio).
Interesado: Luis Diz García.
Enderezo: Pintor Laxeiro 28, 36002 Pontevedra.
Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 27 de xuño de 2002, ó abeiro da Orde do 27-4-2001.
Resolución:
«Examinada a solicitude sobre incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral, presentada
por Luis Diz García, en nome e representación de Luis Diz García, e tendo en conta os seguintes antecedentes:
Primeiro.-A solicitude foi presentada o 9-8-2001.
Segundo.-O Servicio de Fomento do Emprego desta delegación provincial notificou ó interesado o 31-1-2002 o requirimento de emenda da súa solicitude.
Terceiro.-O solicitante non achegou a documentación requirida no prazo concedido.
Fundamentos:
Primeiro.-A competencia desta delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, para coñecer e resolve-la presente solicitude, vén determinada polo artigo 7 da Orde do 27-4-2001 (DOG nº 92, do 14 de maio) pola que se regulan os programas de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral.
Segundo.-Artigo 10 da orde reguladora en relación cos artigos 71 e 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).
Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial
ACORDA:
Declara-la desistencia da súa solicitude.
Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 27 de xuño de 2002. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».
Os correspondentes expedientes están no Servicio de Fomento do Emprego da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.
Vigo, 18 de outubro de 2002.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

