Presentada renuncia por José Luis García-Pita y Lastres como vocal titular en representación da Escola Galega de Administración Pública do tribunal B encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (acceso libre), nomeado pola Orde de 14 de novembro de 2002 (DOG nº 224, do 20 de novembro), esta consellería, de conformidade co establecido na base II.5.3. da orde de convocatoria do referido proceso selectivo,
DISPON:
Primeiro.-Acepta-la renuncia de José Luis García-Pita y Lastres como vocal titular en representación da Escola Galega de Administración Pública do tribunal B encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (acceso libre).
Segundo.-Nomear a Miguel Ángel Delgado Noguera como vocal titular en representación da Escola Galega de Administración Pública do tribunal B encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xun
ta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (acceso libre).
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2002.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública

