1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro-Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.
c) Número de expediente: 2002/12/687.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: obras.
b) Descrición do obxecto: construcción dun minicriadoiro de moluscos no Vicedo (Lugo).
c) Lote: non hai.
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 4-9-2002 (DOG nº 170).
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 185.968 euros (importe total).
5. Adxudicación.
a) Data: 11-11-2002.
b) Contratista: Construcciones Mon, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 185.968 euros.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 ( de modificación da Lei 30/1992), ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fin á vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2002.
Rosa Mª Quintana Carballo
Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento
Pesqueiro
CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,
MULLER E XUVENTUDE

