1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: asistencia técnica para a mellora e ampliación do sistema integrado de xestión de axudas (SIXA) integrado co sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA).
2.2. Prazo de execución: oito meses contados desde o asinamento do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: trinta e cinco mil oitocentos (35.800) euros.
5. Fianza provisional:
Non se esixe.
6. Fianza definitiva:
4% do presuposto de adxudicación.
7. Documentación e información.
7.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela, e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2082
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
7.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.
8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura da documentación xeral (sobres A):
Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
10. Apertura das ofertas:
Ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3.; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2002.
P.D. (Orde 20-12-2001)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

