Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Aprobados polo Concello Pleno na súa sesión de 20-11-2002 os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación por con

curso aberto, tramitación urxente, dos servicios de conserxería e limpeza dos CEIP Monseivane (Moreda-Lanzós) y Castelao de Belesar, ambos en Vilalba, expóñense ó público na secretaría deste concello polo prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para os efectos de exame e reclamacións. Simultaneamente, anúnciase a contratación dos ditos servicios, se ben no suposto de presentarse reclamacións contra os pregos de cláusulas, o concurso aprazarase, de ser necesario, ata que sexan resoltas pola corporación.

Entidade adxudicataria: Concello de Vilalba.

Obxecto dos contratos: 1) Servicio de conserxería e limpeza do CEIP Monseivane (Moreda-Lanzós). 2) Servicio de conserxería e limpeza do CEIP Castelao de Belesar.

Tipo de licitación en cada un deles: 15.000 A anuais, IVE incluído.

Duración de cada un dos contratos: 2 anos.

Forma de adxudicación: concurso aberto, tramitación urxente.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do concello, de 10 a 14 horas, dentro dos 10 días naturais seguintes, contados desde a última publicación do anuncio no BOP de Lugo ou no DOG.

Documentación, información: Concello de Vilalba (secretaría). Tfno.: 982 51 03 05. Fax: 982 51 18 15.

Clasificación: non se esixe.

Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula decimosétima dos pregos de condicións.

Garantías en cada un deles: provisional 300 A; definitiva, 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: ás 13 horas do 3º día hábil, non sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Vilalba, 3 de decembro de 2002.

O alcalde

Rubricado