Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social 83/2002.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, ó non poderse notificar por correo certificado, a resolución dictada no expediente de sanción, por infracción na orde social (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral), o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida que se citan de seguido:

Empresa: Ovimar E.C., S.L..

Domicilio: Benigno Vázquez Monterroso.

NIF: B-27264282.

Nº exp: 83/2002.

Contía: 1.502,54.

Disp. infrinxida: Real decreto 1627/1997.

Contra esta resolución poderá interpo-lo interesado recurso de alzada, polo conducto desta delegación, perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle que de non ser interposto este en tempo e forma, haberán de aboa-la multa imposta a través de Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 11 de decembro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE