Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2003 Páx. 351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 28 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de residuos OU-035/02-RE, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente sancionador por infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Ourense, 28 novembro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-035/02 RE.

Denunciado: Salvador Arnau Figueras.

DNI: 37635324-X.

Último enderezo coñecido: Santa Paula nº 20. Granada.

Feito probado: queimar pneumáticos.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.3º B da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 150,21 A.