O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 31 de outubro de 2002 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono I do PERI II-12 A Florida B, presentado pola Xunta de Compensación, con memoria e planos asinados polos arquitectos Enrique López Santander, e Teodoro de Francisco Antes, e polo enxeñeiro Alberto Moreno García, visado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños o 22-5-2002.
Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:
a) Recurso potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia do Concello de Vigo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.
b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Este anuncio servirá de notificación nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que, por resultaren descoñecidos/as ou por se ignora-lo seu domicilio, non poidan ser notificados/as persoalmente.
Vigo, 12 de novembro de 2002.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo

