Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 616

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 16/2003, do 18 de xaneiro, polo que se nomea a Juan Rodríguez Yuste conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio.

De conformidade co artigo 16.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

Nomeo a Juan Rodríguez Yuste conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de xaneiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente