Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2003 Páx. 617

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A. (código convenio 1501202), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-11-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo delegado de persoal o día 25-11-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de decembro de 2002.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de El Pote, S.A. 2002-2003

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio establece as condicións de traballo entre El Pote, S.A. e os seus traballadores.

En todo o non previsto neste convenio observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e no acordo para a substitución da ordenanza do comercio, publicado no BOE do 9 de abril de 1996 pola resolución da Dirección Xeral de Traballo do 21 de marzo de 1996.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O convenio será de aplicación para os distintos centros de traballo que a empresa ten na Coruña e na súa provincia.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Afectará a tódolos traballadores pertencentes a esta, coa excepción dos altos cargos, de acordo co

establecido no número 1º a) do artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio é de dous anos. Iniciarase a partir do 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2003.

Artigo 5º.-Categorías profesionais.

A clasificación do persoal será establecida na ordenanza laboral do sector, sendo a súa definición a reflectida nela. Así mesmo, mantéñense as categorías profesionais creadas no convenio nacional de grandes almacéns, publicado no Boletín Oficial del Estado número 307 con data do 23 de decembro de 1975.

Artigo 6º.-Xornada.

A xornada de traballo queda establecida en 40 horas semanais, equivalentes a mil oitocentas quince (1.815) en cómputo anual. Non obstante, para as vendas especiais do Nadal, Reis, agosto e balances e outras datas de significación especial, prolongarase a xornada o tempo suficiente, retribuíndoo como horas extraordinarias que terán a consideración de horas estructurais. Todo o persoal fixo no 1 de xaneiro de 1991 que traballe os sábados pola tarde, librará a mañá do luns seguinte.

Artigo 7º.-Retribucións.

Os soldos base deste convenio, para o primeiro ano de vixencia, son os que figuran no anexo que se xunta, resultantes de aplicar un aumento do 3,5% ós de 2001 revisados.

O convenio revisarase con efectos do 1-1-2002 se o IPC do dito ano supera o 3,5% e na cantidade que supere a devandita porcentaxe.

Para o segundo ano de vixencia, incrementaranse os salarios de 2002 no IPC previsto para 2003 nos orzamentos xerais do Estado, engadíndolle o 1%.

O convenio revisarase con efectos do 1-1-2003 se o IPC real do dito ano supera o IPC previsto e na cantidade que supere a dita porcentaxe.

Artigo 8º.-Complemento persoal de antigüidade.

Durante a vixencia deste convenio, os aumentos por antigüidade estarán constituídos por cuadrienios do seis por cento sobre os soldos base do anexo que se xunta, coas limitacións establecidas no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores na redacción da Lei do 20 de marzo de 1980. A data inicial do cómputo da antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa, comezando a devengarse desde o primeiro do mes no que se cumpra o período, se este ten lugar do 1 ó 15, e desde o primeiro do mes seguinte se este fose do 16 en diante. Esta mesma norma aplicarase tamén nos casos de ascensos.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

Mantéñense as catro xa establecidas, é dicir, as de xullo, Nadal, beneficios e fomento á cultura, rateándose esta última en doceavas partes como se viña facendo. Cada gratificación estará constituída por 30 días de soldo base maila antigüidade e o seu importe será rateable en proporción ó tempo traballado.

Artigo 10º.-Complemento de distancia e transporte.

Para compensa-los gastos de locomoción que por estes conceptos se ocasionasen, a empresa aboaralle a cada traballador un complemento mensual de 60,55 euros, sen distinción de categorías, mesmo nos períodos de baixa por incapacidade laboral transitoria e durante as vacacións.

O persoal que ingrese ou cese no transcurso do mes percibirá a parte proporcional dos días traballados. O referido importe obtense da aplicación dun 3,5% do incremento sobre o complemento vixente en 2001.

Artigo 11º.-Seguro de accidente.

A empresa comprométese a subscribir un seguro de accidente que cubra durante as 24 horas do día os seguintes riscos:

a) Morte por accidente.

b) Invalidez absoluta e total por accidente.

O capital asegurado será de 7.212,15 euros en ámbolos casos.

Unha vez subscrita a póliza correspondente cunha compañía aseguradora, El Pote, S.A. non responderá subsidiariamente, en ningún caso, do pagamento da indemnización correspondente ós accidentes aquí recollidos.

Artigo 12º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas cláusulas económicas ou de calquera índole contidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que outros pactos, cláusulas ou situacións actualmente vixentes na empresa que impliquen condicións máis beneficiosas do que as convidas, serán respectadas e non absorbidas. Serán non obstante absorbibles as cantidades entregadas por conta deste convenio.

Artigo 13º

Salvo disposición legal en contrario, o contido económico deste convenio manterase inalterable durante 2002 e 2003.

Artigo 14º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais, independentemente da categoría laboral de cada traballador por cada ano de servicio na empresa, liquidándose por ano natural, como se viña facendo.

O persoal que ingrese ou cese no transcurso do ano desfrutará ou se lle liquidará a parte proporcional que lle corresponda. O seu desfrute efectuarase en dous períodos, un de nove días no inverno e outro de vinteún (tres semanas) no verán; entenderase por meses de verán a partir do un de xuño ata o trinta de setembro e de inverno os restantes. Ó comeza-lo ano, a empresa establecerá o calendario de quendas de cada período. As quendas serán confeccionadas por plantas, salvo o almacén e as oficinas que o farán no seu conxunto.

Seguidamente, e antes do 31 de xaneiro, confeccionaranse os cadros de vacacións, que non serán

modificados salvo acordo entre as partes. O traballador que por causa imputable á empresa non puidese desfruta-lo período de vacacións de verán, percibirá, como compensación, unha bolsa 180,30 euros. Cando por causas alleas á vontade da empresa, como nos casos de enfermidade ou accidente, o traballador non puidese desfruta-las súas vacacións no período previsto, non se alterarán as quendas establecidas para os demais traballadores e concederanllas noutras datas de común acordo coa empresa, sen que teña dereito a ningunha bolsa, calquera que sexa a época de desfrute, seguindo a norma destes últimos anos. As quendas de vacacións do verán comezarán sempre un luns, aínda que este sexa festivo, pero para non alteralas, neste caso o traballador desfrutará un día noutra data, que se fixará de común acordo entre as partes. Respecto ás do inverno, se o desfrute destas comezase un venres, o traballador non terá a obriga de reintegrarse ó traballo ata a xornada da tarde do luns na que comezaría

a traballar. No tocante á elección das quendas, farase de forma rotatoria seguindo a norma do costume.

Artigo 15º.-Excedencia por maternidade.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, naturais, adoptados ou acollidos, contados desde a data do nacemento ou da resolución xudicial ou administrativa en caso de adopción ou acollemento.

Artigo 16º.-Representantes de persoal.

As atribucións do comité de empresa serán en todo momento as establecidas pola lei.

Artigo 17º.-Comisión mixta.

Constitúese unha comisión paritaria composta por Luis Conde Gogorza e Miguel Calderón Acero, por parte da empresa, e Nieves Montes Patiño e Javier Buján Chamorro, pola dos traballadores, para resolver cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes, na aplicación ou interpretación deste convenio.

Artigo 18º.-Normas supletorias.

En todo o que non se regule neste convenio, observarase o disposto na lexislación xeral do traballo e, especialmente, no Estatuto dos traballadores e o acordo para a substitución da ordenanza de comercio, publicada no BOE do 9 de abril de 1996 por resolución da Direccion Xeral de Traballo do 21 de marzo de 1996.

Artigo 19º.-Premio de xubilación anticipada.

A empresa aboaralles un complemento de xubilación ós traballadores que, con 10 anos de antigüidade, como mínimo, nesta, se xubilen voluntariamente. A súa contía irá en función da seguinte escala:

Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 16 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 13 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 10 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 7 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 3 mensualidades de salario e antigüidade.

Para a súa percepción, solicitarase antes de cumpri-la idade correspondente. Nas xubilacións ós 60, 61 e 62 anos, a empresa poderá fracciona-lo pagamento en tres mensualidades.

A partir dos 65 anos a xubilación será obrigatoria para tódolos traballadores, con dereito ó 100% da base reguladora.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralle a cada traballador, ó inicia-lo traballo, dúas fundas ou pezas de roupa de protección necesarias, de acordo coa ordenanza de seguridade e hixiene no traballo.

Estas pezas de roupa serán renovadas a medida que o uso as deteriore; en calquera caso, a empresa entregaralles unha nova cada ano.

Artigo 21º.-Permisos retribuídos.

Ademais dos establecidos na lexislación vixente, os traballadores terán dereito a un día por asuntos propios logo da solicitude á empresa. Este día non será acumulable ás vacacións.

ANEXO

Convenio colectivo El Pote, S.A.

Táboa salarial 2002

CategoríaSalario base

mensual 2002

Cómputo

anual

Director1.020,93 A17.061,48 A

Xefe de división907,45 A15.245,80 A

Xefe de centro ou sucursal793,16 A13.417,16 A

Xefe de sección721,41 A12.269,16 A

Dependente611,24 A10.506,44 A

Axudante567,02 A9.798,92 A

Oficial 1ª administrativo658,80 A11.267,40 A

Oficial 2ª administrativo611,24 A10.506,44 A

Auxiliar administrativo577,02 A9.958,92 A

Decorador721,41 A12.269,16 A

Axudante decoración e publicidade611,24 A10.506,44 A

Escaparatista714,28 A12.155,08 A

Montador de escaparates611,24 A10.506,44 A

Profesional de oficio de 1ª611,24 A10.506,44 A

Profesional de oficio de 2ª593,73 A10.226,28 A

Mozo577,02 A9.958,92 A

Complemento de transporte60,55 A